viernes, 19 de junio de 2020

DEDICATORIA DE BERTA!!!

Berta quere desexarnos a tódolos seu compañeiros e profes un FELIZ VERÁN!!!
Moitas grazas Berta, e esperamos que ti tamén pases un BO VERÄN!!!
Mirade que bonito!!!



jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDIDA!!!!

Fai tres meses que creamos este blog, coa intención de poder ter un contacto máis directo todos e todas. Grazas a vós iso foi posible. Non só traballastes moito, senón que nos animastes ós demais coas vosas fotos, vídeos e palabras cheas de cariño nun momento de tristeza e confusión pola época tan extraña que nos tocou vivir. Non podemos estar máis orgullosos de vós peques, todo o que vos digamos se queda curto ante a gran lección que nos destes. Non nos queremos esquecer tampouco das vosas familias, tiveron que adoptar a maiores o noso papel, e iso nunca o poderemos agradecer o suficiente.
De parte de tódolos profes que tivestes este curso (os que estamos e os que xa non están) desexamos que pasedes un moi bo verán !!!!
GRAZAS de corazón.💗

CARTA PARA OS ALUMNOS DE 2º A

Ola pitufos (aínda que algúns xa sodes máis grandes ca min), por fin chegou o tan esperado verán, aínda que este ano vai ser un pouquiño diferente, polo coronavirus, xa sabedes.
Quería dicirvos que foi un auténtico pracer ser a vosa titora, non me puido tocar unha clase mellor!!! Sempre tiñades un gran sorriso e unha simpatía que facían que aínda que me quixera enfadar algunha vez, non podía, non era capaz.
Foi un ano moi extraño e difícil para todos, quen nos ía dicir o que íamos ter que vivir!
Debedes facerlle moito caso a mamá e papá, pois sempre van ser os que máis vos van querer no mundo. Seguide respetando ás demais persoas, prantas e animais, recordade que vós sodes o futuro e que as vosas accións son as que farán do mundo un lugar mellor. Tamén quero pedirvos un gran favor: cada un e cada unha de vós, destacades en algo, non todo o mundo ten que ser arquitecto ou enxeñeiro. Debedes esforzarvos sempre ó máximo, e loitar polo que queredes conseguir, NUNCA deixedes que ninguén vos quite ese soño, ou vos faga sentir que non valedes nada, porque valedes e MOITO!!! Esta vida é dura, e atoparedes moitas portas que se vos pechan, pero loitando conseguiredes que se abra esa pola que tanto loitastes.
Tamén vos quero pedir PERDÓN por se algunha vez  vos fallei ou non estiven cando me necesitastes. Non podo estar máis ORGULLOSA de vós!!! Só vos quero dicir que os vosos éxitos  formarán parte das miñas alegrías e que aí estarei nos vosos tropezos. SEMPRE vou estar para vós, para mimarvos, para axudarvos, para animarvos, non o dubidedes nunca, vale?
Desexo que pasedes un MOI BO VERÁN, que descansedes e vos divirtades moito e podervos dar unha enorme aperta en setembro.
SEMPRE ocuparedes un lugar moi especial no meu corazón, NUNCA vos esquecerei.
GRAZAS por todo peques, QUEROVÓS MOITÍSIMO!!!!
Un millón de bicos e infinitas apertas.

DESPEDIDA DE NELI!!!

Neli non quere irse sen enviarvos este vídeo de despedida, seguro que vos vai encantar!!! Imos botala moitísimo de menos!!! Moita sorte Neli, unha gran profesional e persoa coma ti merece que todo lle vaia moi ben!! Querémosche!!!





DESPEDIDA DE XABIER!!!

Xabier é outro dos profes que quixo enviarvos un vídeo para desexarvos un moi bo verán!!! Seguro que vos encanta, porque o cariño que vos tedes é mutuo.