domingo, 29 de marzo de 2020

ACLARACIÓN FICHAS INTERACTIVAS

Bos días, varias familias contactaron con nós para preguntarnos como nos envíaban as respostas das fichas interactivas. Queremos aclarar que non é necesario, só nas de inglés. Cando vos pidamos que nos enviedes a ficha, faremolo constar e facilitaremos un código que será o que teñades que introducir para poder enviala. Recordamos que as actividades da vindeira semana xa están postas na páxina web do centro. Aquí iremos poñendo varias fichas interactivas para practicar dunha maneira máis divertida. Como parece que continuaremos así bastante tempo, queremos deixarvos tranquilos, xa que adaptaremos os contidos e teremos en conta a situación que estamos vivindo, tamén intentaremos que sexan o máis lúdicos posibles. Para calquera consulta ou aclaración, non dubidedes en contactar con nós. Moitas grazas e moito ánimo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario