lunes, 30 de marzo de 2020

IMPORTANTE!!!!

Queridas familias, queremos recordarvos que é moi importante que descarguedes a aplicación Abalar móbil, posto que é a forma na que recibiredes os boletíns dos vosos fillos/as. Aclaramos que por orde da Consellería, só estamos avaliando o traballo realizado ata o venres 13 de marzo, o traballo destas semanas de cuarentena non é avaliable. Á volta de semana Santa explicaremos como procederemos a avaliar o terceiro trimestre, deixando claro que adaptaremos contidos, seleccionando o máis importante e realizando as tarefas o máis lúdicas posibles. Tamén queremos deixarvos tranquilas, porque en ningún caso sairá o alumnado perxudicado neste remate de curso. Queremos aproveitar para darvos as grazas porque nos estades substituíndo estas semanas, e sabemos que con toda esta situación non é doado. Aquí estamos para o que necesitedes. Unha aperta e moito ánimo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario