jueves, 23 de abril de 2020

ACLARACIÓN DAS TAREFAS OBRIGATORIAS

Ante as dúbidas de varias familias, queremos aclarar que só é obrigatorio que o alumnado faga aquelas actividades que se indican como : "Tarefas". As de Plástica, son suxerencias, pero non obrigamos a ninguén a que as faga. O resto de material complementario, experimentos e libros de lectura, só é unha maneira que se nos ocorreu de que pasarades o tempo, pero non son obrigatorios. E se un día non podedes facer as tarefas, non pasa nada, na parte dereita do blog hai unhas etiquetas cos nomes das materias para que vos sexan máis doadas de localizar e facer cando sexa posible.
Non dubidedes en contactar con nós para resolver as dúbidas.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración, comprensión e sobre todo paciencia.
Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario