viernes, 3 de abril de 2020

AVISO!!!

Queridos peques, mañá iniciamos as vacación de semana Santa, aínda que este ano vai ser un pouquiño diferente, por iso non publicaremos nada máis no blog ata o martes 14 de abril. Pero non nos queremos ir sen dicirvos que tódolos vosos profes estamos moi orgullosos de vós, sabiamos que o íades a facer moi ben, como así nos contan vosos pais. Queremos que descansedes moito nestas vacacións e o pasedes moi ben!!!! Tamén vos queremos dicir que vos botamos moito de menos e que esperamos vervos moi pronto!!! Seguide sendo tan estupendos como ata agora. Envíamosvos unha aperta enorme e un montón de bicos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario