martes, 14 de abril de 2020

BENVIDOS Ó TERCEIRO TRIMESTRE!!!

Queridos familias damosvos a benvida ó terceiro trimestre do curso. Aínda non temos instruccións da Consellería, non sabemos se teremos que avaliar as tarefas que enviamos, pero queremos deixar claro, que independentemente da orde que recibamos, no caso de que haxa que avaliar, só o faremos positivamente; é dicir, estas tarefas só contarán para subir nota, nunca para baixala. Sabemos que esta situación non é a propicia para a aprendizaxe e que bastante complicado é todo isto, polo que non imos ser nós quenes empeoremos a situación. Intentamos seleccionar o máis importante e da forma máis resumida posible. A partir de hoxe poderedes elixir a forma de facer as tarefas, poden facerse as fichas interactivas ou imprimir o pdf (ou copiar as respostas nunha folla). As fichas interactivas, cando lle dades "enviar al profesor" e cubrides os datos, xa nos chegan a nós. En Matemáticas, os de segundo B, sempre teredes que meter un código para que lle chegue a David, posto que se poñedes o e-mail, quen as recibe é Isabel e non David. Os de segundo A podedes poñer o código ou o e-mail, xa que sempre as recibirá a titora (salvo en inglés). Os que prefirades facer as tarefas en papel, podedes quitarlles unha foto unha vez que estean feitas e envialas por e-mail (mellor acordalo coa respectiva titora). Recordade que nos podedes enviar fotos de debuxos ou do que queirades para subilas ó blog.
 Esperamos que esteades ben, xa que iso é o máis importante, por iso vos pedimos  que vos coidedes moito e moitísimo ÁNIMO!!!  Recordade que aquí estamos para o que necesitedes.
Unha aperta moi grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario