Marcos de 2º A fixo estes enormes carteis ós que non lles falta detalle. O mellor é a mensaxe de ánimo que nos transmiten, pero @s profes imos aproveitalos para darvos as GRAZAS con maiúscula ás familias, pero sobre todo ós peques. Non podemos sentirnos máis orgullosos de vós, é imposible facelo mellor do que o estades facendo, e sobre todo, nunca perdedes o sorriso nin deixades de mostrarnos o voso cariño.
GRAZAS INFINITAS peques, que neste caso sodes moi, pero que moi GRANDES!!!!!
Un millón de apertas e de bicos de tódolos vosos profes (un segredo, cando algunha vez nos queixemos de vós, recordadenos o moito que vos estamos botando de menos!!!!)


No hay comentarios:
Publicar un comentario