lunes, 20 de abril de 2020

PROBLEMAS COAS FICHAS INTERACTIVAS

Ás veces é imposible acceder ás fichas interactivas, posto que van conectadas á aplicación onde as realizamos, e soe ser por sobrecarga na páxina que están dando problemas. Cando sexa así, probade a intentalo máis tarde. Recordade que na parte dereita do blog, hai unhas carpetas co nome das materias, onde as podedes localizar máis facilmente. Tamén algunhas familias teñen problemas para descargar os pdf, nese caso é moito máis doado, enviade un e-mail a : segundoafontinhas@gmail.com
e dicídenos que archivos non podedes abrir,e enviaremolos por correo electrónico.
Pedímosvos desculpas polas dificultades coas que vos atopades e pola paciencia e comprensión que estades tendo con nós nesta situación tan nova para todos.
Unha aperta do profesorado de segundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario