Espero que teñades tempo de xogar estes días que tedes que estar na casa. Os xogos son moi importantes para o voso crecemento. Mozart sabía o importante que é xogar para os nenos e nenas , así que compuxo unha obra musical que se titula “Sinfonía dos xoguetes”. Intentade seguir o musicograma e diferenciar os instrumentos que soan.
Podedes acompañar a canción con palmas, con dous lapis coma se fosen claves , ou calquer obxecto que teñades pola casa que podedes convertir en instrumento de percusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario