viernes, 17 de abril de 2020

VIDEOCONFERENCIA SEGUNDO A

O vindeiro mércores ás 16 horas imos facer unha videoconferencia os alumnos que o desexen e a titora de segundo A. O obxectivo é vernos e sobre todo que se vexan os nenos e falen entre eles, para animar un pouco esta cuarentena. A aplicación que imos usar é a que adaptou a Consellería para nós: cisco webex meeting
https://www.webex.com/es/video-conferencing.html

Primeira opción:
Podedes rexistrarvos ou non. Para acceder á videoconferencia teredes que entrar na aplicación (descargala previamente, pódese usar co móbil, tablet ou ordenador), e ir a :
- Unirse
-Introducir o número da reunión que facilitarei ese mesmo día neste blog
-Introducir o contrasinal que facilitarei
E listo!

É importante esperar á hora exacta de comezo da reunión, posto que mentres que a titora non a inicie, non poderán unirse.
Segunda opción: 
Intentarei facilitar aquí un enlace para que se acceda directamente á reunión, se o enlace funciona e non dá problemas, habería que:
-Pinchar no enlace
-Poñer o seu nome
-En dirección de correo electrónico : nonresponder@edu.xunta.gal
É importante que o micrófono e a cámara (unha vez que entremos na reunión) estean de cor gris, posto que se están en vermello están apagados. O alumnado pode abandoar a reunión cando queira (pinchando na cruz). Imos probar a facela todos, se ese día vemos que con todos é complicado, á semana seguinte faríanse dous ou tres grupos.
A intención é poder interactuar un día á semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario