En primeiro lugar queremos recordarvos que xa abriu o prazo para solicitar o préstamo de libros e a axuda para o material para o vindeiro curso, o prazo remata o 19 de xuño, non vos esquezades!!!
En canto á recollida do material do alumnado do 2º curso, a entrada farase pola cancela que dá ó parque. O material estará xunto ó pavillón. Debedes esperar a que unha familia (de 2º, posto que pode haber outra de outro curso) abandone o recinto antes de entrar. Haberá carteis indicando todo e tamén estaremos nós por alí, por se precisades axuda. Non vos esquezades traer os libros da biblioteca que teñades na casa.
Na páxina web do cole pon que a entrega de material para 2º A será de 9:30 a 11:30, pero é un erro, farase de 9:30 a 10:30, no seguinte tramo horario, as bolsas xa teñen o nome dos nenos/as:
DE 9:30 A 10:
Alejandra, Teo, Martín, Uxía, Nazaret, Mariña, Thalia, Andrés, Eva, Gabriela, Chabeli, Álvaro e David.
DE 10 A 10:30:
Mencía, Antón, Marcos, Roque, Leo, Antía, Manuel, Berta, Afonso, Lucía, Iván, Aíxa e Alba.
As familias de 2º B debedes levar da casa unha bolsa de reciclaxe para meter o material, se tedes dúbidas consultade coa titora. A hora de reparto comezará ás 11:30.
No hay comentarios:
Publicar un comentario