martes, 26 de mayo de 2020

TAREFAS DE MÚSICA

Hoxe propóñovos exercitar a atención, a concentración, a memoria, xogando cunha música que vos guste.
Buscade 4 folios de cores, ou calquer outro material pero fixádevos como están colocados na mesa da imaxe para poñelos igual. Escollede a música e ... a xogar a imitar (ECO como dicimos en música).





Como levamos moito tempo na casa, precisamos ver mundo. Coa canción que segue podemos viaxar (mental e emocionalmente)  a África. Acompañade moi atent@s ó ritmo das palmadas... hai momentos de "certa" dificultade.







Vas coñecer un dos aspectos máis curiosos do SON: a duración.  Seguramente xa te decataches que hai sons longos e outros curtos. E incluso hai silencios... e non todos son iguais; tamén algún silencio dura máis que outro. Iso sucede porque o son dura, é dicir, o son ten duración. Hai tempo que as persoas que tocan instrumentos acordaron como representar a distinta duración dos sons. Decidiron utilizar AS FIGURAS MUSICAIS.
Velaí vos deixo un vídeo para que repasedes AS FIGURAS MUSICAIS.





E agora practicade os ritmos que se poden facer coas figuras musicais.


https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario