Hoxe non é un día máis, meus queridos, hoxe estamos máis cerca de voltar a ter aquelo que botamos de menos na nosa vida!!Hai non moito tempo non podíades saír á rúa e agora maioría de vós saídes un pouco todos os días, se todo vai ben e aos pouquiños iremos volvendo a unha vida normal. En nada tócanos aos maiores e a verdade a min apetéceme bastante. Lembrades o conto do bambú? O mellor é ter a actitude do segundo agricultor que comprou as sementes do bambú, debemos ter fe e esperanza coma el porque o bo está por chegar!Hoxe hai 49 días dende a última vez que vos vín á maioría de vós e quero que saibades que a pesar de que xa son moitos días sen vermonos, téñovos moi presentes no meu díaa día, especialmente cando abro o correo electrónico e atopo os vosos correos. Alégromemoito cando me contades que tanto vós coma as vosas familias vos encontrades ben de saúde.Quero aproveitar esta carta para dicirvos que esta semana estou escribindo un correo a cada un dos alumnos cos que aínda non mantivera contacto ou que hai un tempo que non nos escribimos, a miña intención principal é saber se vos encontrades ben e/ou precisades algunha axuda en algo. Non quero que estes correos os interpretedes coma que vos estou esixindo o envío de traballos, vós seguide o ritmo que vos manden os vosos maiores na casa.Coma en todas as cartas anteriores quero dicirvos que sodes moi importantes para min e que vos quero moito. Mándovos un bico grande a cada un de vós e dos membros da vosa familia.
1. XA QUE ESTA SEMANA EMPEZA O MES DE MAIO, MES QUE SE LLE DEDICA Á VIRXE MARÍA. PROPOÑO QUE FAGADES UN DEBUXO DA MAMÁ DE XESÚS.
2. SE QUEREDES PODEDES SEGUIR AS INDICACIÓNS DOS SEGUINTES VÍDEOS.
ÁNIMO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario