martes, 19 de mayo de 2020

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS: FRENCH ROAST

Nominada ó  Oscar á mellor curtametraxe en 2009, esta animación de orixe francés traslada ó espectador temas de diversa natureza como a desconfianza, a solidariedade, a xenerosidade ou a capacidade de poñerse no lugar da outra persoa. A apariencia tamén se trata. Transcorre  nun café parisino e o seu protagonista é un home vestido de maneira elegante pero cuia actitude chama a atención pola súa prepotencia. Á hora de pagar dase conta que non ten diñeiro e  a partir de aquí comezan a sucederse situacións que, por outro lado, tamén invitan á risa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario