Ola pitufos (aínda que algúns xa sodes máis grandes ca min), por fin chegou o tan esperado verán, aínda que este ano vai ser un pouquiño diferente, polo coronavirus, xa sabedes.
Quería dicirvos que foi un auténtico pracer ser a vosa titora, non me puido tocar unha clase mellor!!! Sempre tiñades un gran sorriso e unha simpatía que facían que aínda que me quixera enfadar algunha vez, non podía, non era capaz.
Foi un ano moi extraño e difícil para todos, quen nos ía dicir o que íamos ter que vivir!
Debedes facerlle moito caso a mamá e papá, pois sempre van ser os que máis vos van querer no mundo. Seguide respetando ás demais persoas, prantas e animais, recordade que vós sodes o futuro e que as vosas accións son as que farán do mundo un lugar mellor. Tamén quero pedirvos un gran favor: cada un e cada unha de vós, destacades en algo, non todo o mundo ten que ser arquitecto ou enxeñeiro. Debedes esforzarvos sempre ó máximo, e loitar polo que queredes conseguir, NUNCA deixedes que ninguén vos quite ese soño, ou vos faga sentir que non valedes nada, porque valedes e MOITO!!! Esta vida é dura, e atoparedes moitas portas que se vos pechan, pero loitando conseguiredes que se abra esa pola que tanto loitastes.
Tamén vos quero pedir PERDÓN por se algunha vez vos fallei ou non estiven cando me necesitastes. Non podo estar máis ORGULLOSA de vós!!! Só vos quero dicir que os vosos éxitos formarán parte das miñas alegrías e que aí estarei nos vosos tropezos. SEMPRE vou estar para vós, para mimarvos, para axudarvos, para animarvos, non o dubidedes nunca, vale?
Desexo que pasedes un MOI BO VERÁN, que descansedes e vos divirtades moito e podervos dar unha enorme aperta en setembro.
SEMPRE ocuparedes un lugar moi especial no meu corazón, NUNCA vos esquecerei.
GRAZAS por todo peques, QUEROVÓS MOITÍSIMO!!!!
Un millón de bicos e infinitas apertas.
Estes nenos e nenas aínda non saben a sorte que tirveron de terte como titora. Unha loitadora incansable, sempre ao pé do canón, dándoo todo polos seus pequenos.Un gran modelo a seguir para todos e todas.
ResponderEliminarPeques, facédelle moito caso a estas palabras da vosa titora, que eu ben sei que van cargadas de VERDADE. Eu, pola parte que me toca, súmome a ese orgullo por vós. Xa sodes uns gañadores na vida, que ninguén vos intente convencer do contrario.
Mándovos moitísimos bicos e achuchóns, o cariño é inmenso!!!
A sorte tívemola nós ó ter unha profe coma ti, INMELLORABLE!!! Volve Natalia, aquí fasnos moita falta.
EliminarMOITAS GRAZAS por todo e ten por seguro que este peques te adoran e eu tamén!!!
Grazas profe. Voute botar moitisimo de menos.
ResponderEliminarmencia
Eu si que vos vou botar moito de menos!!!! Pero seguirei estando para todo o que necesitedes!!!!
ResponderEliminarGracias Montse ojalá nos podamos ver en 3º como profe y alumna. Ya te eché de menos estos meses y ahora lo seguiré haciendo en verano. Muchas gracias por todo y beso muy grande. Soy Uxía
ResponderEliminarMoitísimas grazas Montse, eres a mellor profe do mundo! eu tampouco nunca te esquecerei! Infinitos bicos de Roque.
ResponderEliminarMuchas gracias a ti profe. Nos vemos despues del verano. Besos para todos
ResponderEliminar(Berta)