jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDIDA!!!!

Fai tres meses que creamos este blog, coa intención de poder ter un contacto máis directo todos e todas. Grazas a vós iso foi posible. Non só traballastes moito, senón que nos animastes ós demais coas vosas fotos, vídeos e palabras cheas de cariño nun momento de tristeza e confusión pola época tan extraña que nos tocou vivir. Non podemos estar máis orgullosos de vós peques, todo o que vos digamos se queda curto ante a gran lección que nos destes. Non nos queremos esquecer tampouco das vosas familias, tiveron que adoptar a maiores o noso papel, e iso nunca o poderemos agradecer o suficiente.
De parte de tódolos profes que tivestes este curso (os que estamos e os que xa non están) desexamos que pasedes un moi bo verán !!!!
GRAZAS de corazón.💗

4 comentarios:

  1. Gracias Montse, Natalia e David porque conseguíchedes que estos 3meses foran máis fáciles, sen vos e os vosos esforzos non sería tan levadeiro.
    Unha aperta e nos vemos en Setembro!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E gracias a ti, que en só 3 meses deixaches a túa pegada moi fonda. Foi un pracer enorme traballar ao teu lado!!!

      Eliminar
    2. As GRAZAS e MOITAS son para ti!!!! GRAZAS por todo!!!!

      Eliminar
    3. Gracias a todos los profes. Y Montse. Como tutora has hecho un trabajo increible con nuestra clase, han aprendido muchisimo y han tenido una estabilidad dentro de todo lo que ha pasado. Gracias a todos . Soy la mamá de Gabriela

      Eliminar